Día do libro 2016 en Bueu

O Concello de Bueu súmase aos actos organizados pola FEGAMP para celebrar o Día do Libro. Por iso, organiza unha lectura aberta da obra de Manuel María que terá lugar este sábado, 23 de abril, ás 12 horas, na Biblioteca Municipal Torrente Ballester. Co motivo de lembrar a figura do homenaxeado das Letras Galegas este ano, están convidados a este acto todas as asociacións, institutos, políticos e todas as persoas en xeral que queiran escoitar ou ler obras de Manuel María.

Este acto serve para promocionar o coñecemento no eido local da obra e figura dun dos nomes fundamentais da poesía e narrativa galegas, ao tempo que se celebra o Día do Libro.


Date: 23/04/2016 00:00 - 23/04/2016 14:00