El Humo del diablo

Este venres, 8 de abril, ás 20.30 horas, a libraría Miranda organiza a presentación do libro El humo del diablo, do xornalista arousán Fernando Salgado. O tamén autor de Elefantes y hormigas, recolle no seu segundo libro historias persoais da emigración para salvalas do esquecemento, nun momento no que se reproduce este fenómeno social en Galicia. El humo del diablo narra a vida de José Antonio Iglesias Prieto, un mozo de vinte anos, executivo da General Motors, que dilapidaba o seu salario en alcohol, drogas e prostitución e que, tras separarse dos seus achegados, decide buscar outro futuro en Bogotá, en concreto no barrio de Cartucho, cunha gran presenza da guerilla e do narcotráfico, e onde acaba inmerso no mundo do consumo de droga.

Fernando Salgado traballou no Diario de Galicia, Diario 16 de Galicia, Atlántico Diario e La Voz de Galicia. Na actualidade é o delegado da comarca de O Salnés no Diario de Pontevedra, e ten publicados varios artigos.


Date: 8/04/2016 20:30 - 8/04/2016 22:00