Exposición de fotografías de Javier Quintana e Susy Suárez

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE JAVIER QUINTANA E SUSY SUÁREZ:  O espazo expositivo "O Forno" na Panadería Amador, en Bueu, inaugura este venres, 4 de marzo, ás 20.30 horas dúas das súas exposicións: "Arquitecturas de tu ausencia" e "Igual que soñamos" de Javier Quintana e Susy Suárez. O horario de visita será de luns a domingo de 8 a 21 horas.
A mostra componse de vinte e catro imaxes en branco e negro realizadas polos dous autores de contrastada e dilatada traxectoria na labor fotoxornalística. Desta volta fan un parón na súa profesión e adéntranse do documentalismo subxectivo a través dunha serie de imaxes moito máis íntimas e marcadas polo lirismo.
Con "Arquitecturas de tu ausencia", Javier Quintana trata os rexistros presentes nas pegadas que deixan nos espazos e nos lugares as emocións das persoas que neles habitan.
Pola súa banda, Susy Suárez, coa súa serie "Igual que soñamos", trata de despexar, ou polo menos de facer patentes, as incógnitas que rodean a existencia. As dúbidas, os medos, a soidade plasmados no papel, a través do simbolismo das formas e da composición.


Date: 4/03/2016 20:00 - 20/03/2016 22:00