III XUNTANZA CABALAR DE CHANS

O vindeiro sábado, 18 de xuño, desenvolverase a III Xuntanza Cabalar de Chans, organizada pola Asociación Cabalar “Ponte ás catro patas”, coa colaboración do Concello de Bueu. A ruta comezará ás 16 horas cunha saída ata Ermelo, e volta a Chans en torno ás 22 horas para unha cea conxunta.
As inscricións están abertas ata este mércores, 15 de xuño e o custe é de 25 euros, coa cea incluída, agás os menores de 12 anos que quedan exentos. Para facer a inscrición, a organización facilita dous números de teléfono: 661 20 33 31 (Chuco) e 665 71 69 38 (Roke).
As previsións son que se superen as máis de 200 persoas que cabalgaron o ano pasado, xa que a resposta é cada vez máis activa por parte dos afeccionados da contorna e de fóra de Bueu.
Tras a ruta farase entrega de tres trofeos: ao xinete máis mozo, ao máis veterán e ao que vén de máis lonxe. Ademais, a xornada estará cuberta fotograficamente por Óscar Valladares.


Date: 18/06/2016 16:00 - 18/06/2016 23:00