Presentación libro: En Cabárceno se sigue cantando

O sábado, 27 de febreiro, a Librería Miranda, volve traer a Bueu a Susi Herrera para presentar o seu último libro infantil En Cabárceno se sigue cantando. Será ás 18 horas no Centro Social do Mar.

En Cabárceno se sigue cantand é un novo percorrido pola fauna e os sons dos cinco continentes. O libro inclúe cancións de Susi Herrera, ilustracións de Violeta Monreal, e produción musical de Carlos Calviño.
As letras están traducidas ao galego, catalán e vasco.


Date: 27/02/2016 18:00 - 27/02/2016 19:00