Celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000

O Concello de Bueu quere celebrar o Día Europeo da Rede Natura 2000 e por iso organiza xogos medioambientais na Aula de Interpretación de Agrelo a partir das 18.30 horas. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 10 anos.

A continuación, en torno ás 20 horas, Anxo Moure presentará o seu espectáculo O Nubinete. O autor dirixe actualmente o proxecto cultural e medioambiental “Contos solidarios”, unha iniciativa que deste o 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal e O Bierzo, contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan. A súa máxima é a defensa do conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Neste espectáculo, Anxo Moure insúflanos coas súas verbas imaxinación para subir no seu nubinete rumbo a un mundo sen guerras, sen contaminación, sen lume, e ateigado de homes e mulleres libres e bos que coidan o medio natural.


Fecha: 21/05/2016 06:30 - 21/05/2016 22:00