FESTAS SAN ANTONIÑO DE MEIRO

O 18 e o 19 de xuño vanse celebrar en Meiro as festas na honra de San Antoniño.
O programa iniciarase o sábado cunha tirada de bombas, e un pasarrúas a cargo de Una charanga en torno ás 16 horas. Ás 22 horas comezará a verbena, amenizada polas orquestas Ibiza e Anduriña.
O domingo ás 13 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión polos lugares de costume, e ás 21 horas clausurase a festa coa actuación de Capitol e Terranova.  Hai que destacar que durante os dous días, o recinto estará cuberto por unha gran carpa.


Fecha: 18/06/2016 16:00 - 19/06/2016 23:55