Gala da Igualdade

A Gala da Igualdade que o Centro de Información ás Mulleres de Bueu organiza para conmemorar o Día da Muller Traballadora será o domingo 13 de marzo ás 18 horas e nela vaise homenaxear ao colectivo das mulleres costureiras.

En total serán once mulleres as que aparezan nunha reportaxe audiovisual sobre a vida das veciñas das parroquias da vila que pasaron a súa vida traballando de casa en casa coa máquina de coser enriba da cabeza. De Beluso homenaxearase a Teresa González Soliño, Josefa Menduíña Pérez, Mª Ángeles Fariña Pérez, Mª del Carmen Gómez López, Ifigenia Molares Villanueva, Angelina Otero Estévez e Josefa Molares Estévez; de Bueu, Marina Estévez Juncal, e Benita Santos Villanueva; e de Cela, Asunción Santomé Parada e Consuelo Graña Moldes.


Fecha: 13/03/2016 18:00 - 13/03/2016 20:00