II Copa Concello de Bueu de Orientación

Por segundo ano consecutivo, a Cruz de Ermelo será o escenario de saída da II Copa de Orientación Concello de Bueu, organizada polo Club Montañeiros de Pontevedra - A Roelo, en colaboración de diversas organizacións, entre elas o Concello de Bueu. A proba disputarase o vindeiro 14 de maio de 10 a 13.30 horas, e conta con dúas modalidades: a de orientación a pé (O-PE) e Orientación en Bicicleta de Montaña (OBM), esta última é novidade desta edición. O obxectivo é dar a coñecer a todos os sectores da poboación un deporte que aínda segue a ser moi descoñecido.

Na modalidade O-PE haberá catro categorías: iniciación curta (nenos/as), iniciación longa (adultos), infantil (nados no ano 2002 e 2003), e cadetes (nados no ano 2000 e 2001); e na modalidade de OBM,na que poderán participar persoas maiores de 16 anos, haberá iniciación curta e iniciación longa. Hai que ter en conta que todas as categorías son mixtas, é dicir, que homes e mulleres compiten xuntos.
O prazo de inscrición está aberto ata o 12 de maio ás 20 horas, e poderá facerse de diversos xeitos, que se especifican no boletín de abaixo. Nel tamén poderedes ver o percorrido, os trazados...


Fecha: 14/05/2016 10:00 - 14/05/2016 13:30