III Trail de Cela

O Clube de Atletismo Corredoiras, coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o Clube Triatlón Morrazo, organiza o 24 de xaneiro o III Trail de Cela, ademais dunha andaina competitiva. As probas tomarán a saída no Igrexario, en Cela, ás 9.30 horas no caso da andaina e ás 10 horas para o Trail.
É esta unha carreira de montaña, cunha distancia de 25 quilómetros, e no caso da andaina haberá un percorrido de 15 e outro de 25 quilómetros, e as categorías participantes divídense en absoluta (de 18 a 44 anos) e veterán (de 45 anos en diante).
As inscricións faranse, tanto para a andaina como carreira, na web htttp://www.prueba-t.es antes do 21 de xaneiro. A carreira custa 15 euros e a andaina 5 euros.
No tocante aos premios, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categorías absoluta e veteráns, trofeos para os tres primeiros clasificados sen distinción do sexo na andaina de 25 quilómetros, e un trofeo para o primeiro local (nados en Bueu). Ademais entregarase a cada participante unha bolsa con agasallos que conterá camiseta conmemorativa da proba, froita, auga, barra enerxética e outros pequenos detalles.


Fecha: 24/01/2016 09:30 - 24/01/2016 12:00