Mini Trail CD Beluso

A Asociación Cultural Deportiva de Beluso, coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e do Clube Triatlón Morrazo, organiza o domingo 24 de abril o 1º Mini Trail CD Beluso que sairá ás 11 horas do Campo Municipa de Laxes e percorrerá 12 quilómetros por Cabo Udra e arredores, con chegada ao campo de fútbol. O custe é de 7 euros por persoa, e as inscricións poden facerse a través da páxina www.prueba-t.es. A organización destaca que haberá trofeos para as categorías absoluta e veterá para os tres primeiros clasificados tanto en masculino como en femenino.
Por outra banda, e como actividade complementaria, está pensada tamén a realización dunha andaina competitiva que tomará a saída no Igrexario de Cela ás 11 horas.


Fecha: 24/04/2016 11:00 - 24/04/2016 13:00