Obradoiro: Acórdaste?

OBRADOIRO "ACÓRDASTE?": A Concellaría de Benestar Social organiza entre o 15 de marzo e o 15 de xuño o obradoiro "Acórdaste?" dirixido a fomentar e estimular a memoria das persoas maiores de 65 anos.
O obradoiro “Acórdaste?” terá lugar en dous lugares diferentes: no Centro Social os martes e xoves de 10 a 11.30 horas, e na Casa do Pobo de Beluso, tamén os martes e xoves de 11.45 a 13.15 horas.
Esta actividade inclúese nesa primeira fase de obradoiros sociais que o Concello de Bueu puxo en marcha a comezos deste mes, co inicio da Escola de Familias “Educa coas emocións”, e que seguirá co “Reto de educar”, dirixido a comunicar e resolver os conflitos con fillos e fillas adolescentes.
No marco da defensa políticas sociais activas que canalicen as inquedanzas da veciñanza, o Concello porá en marcha nunha segunda fase máis obradoiros para fomentar a igualdade, a prevención da violencia de xénero, a protección do medio ambiente, o impulso da ecoagricultura ou o coñecemento e promoción do patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico. Estas actuacións intégranse pois nun proxecto de carácter multidisciplinar que abrangue diferentes ámbitos da vida na vila e en función dos cales se organizarán actividades coordinadas polas diversas concellarías.


Fecha: 15/03/2016 23:45 - 15/06/2016 14:00