Presentación do libro Moraime, pequena vila con mar

O venres 15 de abril a librería Miranda organiza a presentación do libro Moraime, pequena vila con mar de José Henrique Rivadulla Corcón, que estará no local de Argo Navis ás 20.30 horas acompañado do editor Paco Macías.

SINOPSE: Os habitantes do pequeno pobo de Moraime viven nunha existencia que pretenden tranquila para poder dedicarse ao que máis lles gusta; solar. Os homes e mulleres da pequena vila son quen de converter o transcorrer cotián nun soño. Cando alguén de fóra chega, sente que entrou nun mundo onírico. Pero alí a vida é moi real, e o soño que inunda a realidade convértea en algo moi humano. Pode que a vida debera ser en calquera lugar do mundo sempre así: Un soño.


Fecha: 15/04/2016 20:30 - 15/04/2016 22:00