Presentación Javier Akerman: xoves 20.30 horas

O xoves, 5 de maio, o Centro Social acollerá a partir das 20.30 horas a presentación do novo libro de Javier Akerman, 101 perlas budistas y cristianas. O acto organizado pola Libraría Miranda, en colaboración do Concello de Bueu, contará coa presenza do autor e do editor Carlos Fernández.

Akerman falará das fórmulas para comezar a tomar a vida dunha forma positiva e que nos leve a unha maior felicidade e paz interior. O autor é presbítero da igrexa anglicana e primeiro mestre español de ioga tibetano.


Fecha: 5/05/2016 20:30 - 5/05/2016 22:00