Proxección 'Tomboy' no Cineclub este sábado 7 maio

O Cineclub de Bueu programa unha nova proxección, neste caso da película francesa e multipremiadaTomboy, que se poderá ver o sábado 7 de maio no Centro Social do Mar en dobre sesión: ás 20 horas, versión dobrada ao castelán, e ás 22 horas, versión orixinal con subtítulos en castelán. O custe da entrada será de 2 euros para os socios e de 3.50 euros para non socios do Cineclub.

SINOPSE: Laure ten 10 anos e sinte que é un neno atrapada nun corpo de nena. Despois dunha mudanza chega a un novo barrio onde , debido ao seu aspecto e ao corte de pelo que leva, nun primeiro momento é confundida por un neno. O verán converterase nun gran parque infantil onde Laure convértese en Michael, un neno como calquera outro. Todos os nenos acólleno como a un raparigo máis e mesmo unha nena do grupo, Lisa, namórase del. Laure aprovéitase da súa nova identidade para divertirse coa súa nova vida, pero o final do verán e a volta ao colexio revelarán o seu segredo.
 


Fecha: 7/05/2016 20:00 - 7/05/2016 22:00