Cineclube Pontevedra: La Bataille de Solférino (Justine Triet, 2013, 94′, VOSE)

A batalla de Solferino (La Bataille de Solférino, 2013) é a ópera prima da directora francesa Justine Triet, cuxa acción transcorre durante o 6 de maio de 2012, día no que Hollande gaña a Sarkozy nas eleccións presidenciais. O filme de Triet, entre os dez mellores do 2013 segundo a Cahiers francesa, parte dun drama cotián para falarnos dun intanxible maior: a imposibilidade de reconciliación entre os dous polos políticos que creban a sociedade francesa.


Fecha: 19/01/2016 20:15 - 19/01/2016 20:15