Cineclube Pontevedra: Le Havre (Aki Kaurismäki, 2011)

Le Havre (Le Havre, 2011) é o último filme do director finés Aki Kaurismäki e a primeira entrega da súa triloxía sobre cidades portuarias, cuxa segunda parte (co título provisional de “Refugee”) comezará a a rodar no outono do 2016. Competiu pola Palma de Ouro en Cannes e fíxose co premio FIPRESCI da crítica internacional, ademais de arrasar nos premios Jussi (galardóns do cinema finés) con seis estatuíñas, entre as que destacan “mellor filme”, “mellor director” e “mellor guión”.

Web: cineclubepontevedra.blogspot.com.es


Fecha: 12/01/2016 20:15 - 12/01/2016 20:15