Cineclube Pontevedra: «S’en fout la mort» (Claire Denis, 1990, 90′, VOSE)

Dous mozos procedentes de Benin e das Indias Occidentais tratan de subsistir na periferia parisina participando en pelexas de galos, tema e intención que nos remiten a outro cineasta imprescindible que antepón o corpo á palabra, a viaxe incerta á narrativa pechada: Monte Hellman e, concretamente, o seu «Cockfighter» (1974).


Fecha: 15/03/2016 20:30 - 15/03/2016 22:00