Festival das Cóxegas. Artes escénicas para toda a familia

Festival das Cóxegas. Artes escénicas para toda a familia


1ª edición do Festival das Cóxegas. Un proxecto arredor das artes escénicas, con carácter familiar, que terá lugar ao longo do mes de novembro. Vinculado ao Programa Platea ao que o Pazo da Cultura se aderiu o pasado ano, estará composto por 4 espectáculos de compañías procedentes de Cataluña, Madrid e Granada: danza, música e teatro pensados para o público máis esixente do mundo: os nenos/as.

Os 4 espectáculos terán lugar os 4 domingos de novembro no Pazo da Cultura nunha única sesión por espectáculo en horario de 18:30 h.

• Rolf & Flor de The Pinker Tones. 8 novembro.

• Simplicissimus da Cía. Roberto G. Alonso. 15 novembro.

• Constelaciones de Aracaladanza. 22 novembro.

• El sastrecillo valiente de Títeres Etcétera. 29 de novembro.

As entradas poden adquirirse xa en Ataquilla.com a un prezo único de 6€. A venda en billeteira, que só terá lugar no caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, comezará dúas horas antes do espectáculo.

Será preciso que cada espectador, independentemente da súa idade, conte cunha entrada para acceder ao Auditorio.


Fecha: 8/11/2015 18:30 - 29/11/2015 18:30