Músicas en Paz con Sindicato da noite, en Pontevedra

Músicas en Paz pretende ser un espazo e un momento no que poder escoitar, en proximidade e con calma, os artistas que están marcando o ritmo do país. Artistas con discurso propio escrito en discos actuais con boa letra como é o caso de Sindicato da noite. Para poder participar deste encontro tes que mercar o bono “Músicas en Paz” de 15€ co que levarás o cd Sindicato da noite e poderás tomar un viño galego no Tábula Rasa ao remate do concerto. Deste xeito, tomándonos un viño, prolongamos o encontro cos artistas e público e levando o cd seguiremos gozando da boa música e det@s artistas alá onde queiramos.


Fecha: 5/10/2016 20:30 - 5/10/2016 22:00