O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega

Presentación da mostra «O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega» conformada por fondos das coleccións de arte de Afundación e Abanca e que, ata o 23 de xaneiro, exhibirá na cidade un conxunto de obras que permiten apreciar as mudanzas da natureza morta na arte galega e a importancia deste xénero como fonte de experiencia formal. A presentación contará coa asistencia de Carlos L. Bernárdez, comisario da mostra, e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación.


Fecha: 17/12/2015 11:30 - 23/01/2016 11:30