PONTEATRO: PALABRAS MALDITAS en Pontevedra

Teatro do Noroeste

Na escura España da posguerra dous seres marxinados esfórzanse por atopar a felicidade. Un expulsado e perseguido profesor experto en poesía francesa e unha prostituta coinciden nunha sórdida pensión da Coruña, nos anos corenta, en plena época de represión e asasinatos. A pesar das aparentes diferenzas que os separan, aférranse un ao outro como a única táboa de salvación no inmenso océano da soidade. Entre os dous formarán un tándem pletórico de inspiración e creatividade, xerando as voces poéticas máis excelsas das seguintes dúas décadas...

Palabras Malditas é un espectáculo sobre a amizade ou, se cadra, sobre o amor máis alá das circunstancias, das persoais e das conxunturas, máis alá da propia natureza ou do momento histórico que toque vivir.

 Palabras Malditas foi accésit do premio Lope de Vega de textos teatrais en 2014, que convoca o concello de Madrid.

VENDA DE ENTRADAS

anticipadas ata esgotar localidades en ataquilla.com

DE NON ESGOTARSE, venda de entradas na billeteira do teatro desde 1 hora antes.

Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € - Estudantes, parados e xubilados 4,00 €


Fecha: 20/10/2016 21:00 - 20/10/2016 23:00