Rayco Pulido presenta: Lamia en Pontevedra

Rayco Pulido estará con nós para presentarnos o seu novo traballo, Lamia, feito en gran parte en Francia ao gañar o autor unha residencia de Acción Cultural Española na Maison des Auteurs de Angoulême.

Lamia, editado por Astiberri e que está bastante preto do xénero negro, narra a historia dunha muller que vive unha mentira que a leva a tomar estrañas decisións con consecuencias moi tráxicas.

O autor estará acompañado de Roberto Lamosa, crítico de banda deseñada.


Fecha: 20/10/2016 19:30 - 20/10/2016 22:00