Venres Golfos: Panamericana en Pontevedra

A Panadaría

Miranda Celia del Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.

Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida. Unha festa teatral de cor, pluma e música.

- Nominada a Mellor Texto Orixinal nos Premios María Casares 2016

- Nominada a Mellor Vestiario nos Premios María Casares 2016

- Areta Bolado nominada e Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2016

VENDA DE ENTRADAS

anticipadas ata esgotar localidades en ataquilla.com

DE NON ESGOTARSE, venda de entradas na billeteira do teatro desde 1 hora antes.

Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € - Estudantes, parados e xubilados 4,00 €

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións estudantes, parados e xubilados: 32,00 €

As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos,

pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.


Fecha: 21/10/2016 21:00 - 21/10/2016 22:30
cartel