Acto entrega XIII premio Johán Carballeira Xornalismo e mesa redonda: O Galego nos medios de comunicación escritos

O sábado 14 de maio ás 19.30, a sala Domínguez Búa acollerá o acto de entrega do XIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo, durante o que se desenvolverá tamén unha mesa redonda sobre o galego nos medios de comunicación escritos. Neste coloquio participarán os xornalistas Xosé Leal como moderador, Xurxo Salgado, director e xornalista do Galicia Confidencial, Rocío Castro, xornalista do Sermos Galiza, e Antón Lopo, gañador do certame Johán Carballeira de Xornalismo na presente edición.


Data: 14/05/2016 07:30 - 14/05/2016 21:00
XIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo