Argocharla sobre a reivindicación das mulleres

ARGOCHARLA SOBRE A REIVINDICACIÓN DAS MULLERES: Argo Navis organiza o venres 18 de marzo, ás 20.30 horas, unha argocharla de reinvindicación das mulleres. A charla contará con Tareixa Otero, profesora de historia e activista pola igualdade de xénero, representante da Marcha Mundial das Mulleres en diversos encontros internacionais, con quen se debaterá sobre o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, e sobre o interesante pasado e futuro da reivindicación do colectivo feminino.


Data: 18/03/2016 20:30 - 18/03/2016 22:00