Conferencia Anual Plácido Castro

O próximo venres 22 de xaneiro ás 20 horas terá lugar a XVII Conferencia Anual Plácido Castro no Centro no Centro Social do Mar cunha conferencia sobre “Plácido Castro, Johán Carballeira e temas do seu tempo”.
O acto estará impartido por Uxío Breográn Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario. El é ademais autor de diversos relatorios e artigos en revistas especializadas, así coma de libros, caso de “A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto”, “Fundación Alexandre Bóveda”, 2002; “Álvaro de las Casas. Biografía e Epistolario”, Galaxia, 2003; ou “Nacionalismo galego aquén e alén mar” (1936-1975), Laiovento 2015, entre outras.


O IGADI promoveu en 2001 a creación da Fundación Plácido Castro na que tamén participan os concellos de Cambados, Corcubión, Vilagarcía de Arousa e a Asociación de Tradutores Galegos. A Fundación ten por obxecto a reivindicación da figura, obra e pensamento de Plácido Ramón Castro del Río, atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo.


Data: 22/01/2016 20:00 - 22/01/2016 22:00