FESTIVAL SONRÍAS BAIXAS DE BUEU

O Festival SonRías Baixas de Bueu celebrarase este ano o 5 e o 6 de agosto, enchendo o Campo da Estacada de moita música e festivaleiros.

O festival arrinca o xoves coa festa de presentación na que actuará El Gato Lopez.
O venres actuarán os grupos La Gran Pegatina, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, La Sra. Tomasa, Chotokoeu; e o sábado é a quenda de La Vela Puerca, Soziedad Alkoholika, Boikot, Vendetta, The Skarnivals, Gold & Colt e Poetarras.
As entradas de día para o SonRías están á venda a través da páxina web do festival nunha tirada moi limitada a un prezo de 25 euros máis gastos de xestión. No caso de quedar dispoñibles aínda durante a celebración do evento, venderanse na billeteira a un prezo de 25 euros.
Os abonos para os dous días de festival continúan á venda a través da páxina web do festival, nas tendas de Rei Zentolo e noutros puntos de venda físicos a un prezo reducido de 29,50 euros máis gastos (na billeteira o prezo será de 35 euros). Todos aqueles que estean en posesión do abono de dous días poderán acampar xa dende o xoves ás 20 horas para poder gozar sen límites da música e a festa que traerá Gato López á festa de benvida ao ritmo dos temas de Ska-P. Máis información: http://www.sonriasbaixas.info/


Data: 4/08/2016 20:00 - 7/08/2016 05:00