Obradoiro: O reto: Educar na adolescencia

OBRADOIRO "O RETO: EDUCAR NA ADOLESCENCIA": O 30 de marzo ás 19.30 horas no salón de actos do IES Illa de Ons comezará o Obradoiro "O reto: educar na adolescencia" no que se traballará sobre as estratexias e ideas para aumentar a responsabilidade dos adolescentes, e a adaptación a esta etapa tan complexa. A actividade durará ata finais de maio, e dividirase en sesións de periodicidade semanal cunha duración de 90 minutos.
No marco da defensa políticas sociais activas que canalicen as inquedanzas da veciñanza, o Concello ten en marcha unha primeira fase na que se insiren os obradoiros de “Educar en familia”, “Acórdaste?”, dirixido a maiores de 65 anos para adestrar a súa memoria, e “Educar na adolescencia”.
Máis adiante porá en marcha nunha segunda fase máis obradoiros para fomentar a igualdade, a prevención da violencia de xénero, a protección do medio ambiente, o impulso da ecoagricultura ou o coñecemento e promoción do patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico. Estas actuacións intégranse pois nun proxecto de carácter multidisciplinar que abrangue diferentes ámbitos da vida na vila e en función dos cales se organizarán actividades coordinadas polas diversas concellarías.


Data: 30/03/2016 07:30 - 30/03/2016 09:00