Presentación libro: A nenez galega a través dos anteollos de Castelao

O luns 29 de febreiro ás 16.30 horas, o Centro Social do Mar de Bueu acolle a presentación do libro A nenez galega a través dos anteollos de CASTELAO, unha obra realizada conxuntamente polos docentes do IES Illa de Ons, Diana Vilas Meis, Óscar Rodríguez García, Laura Carpente Tielas e Manuel Rodríguez Conde, e editado polo servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra. Os autores, coa colaboración do gabinete didáctico do Museo de Pontevedra, elaboraron unha proposta didáctica orientada aos niveis de secundaria sobre a historia da infancia e a historia de Galicia a comezos do século XX, na que as estampas de nenos de Castelao se empregan como unha fonte histórica fundamental, a carón das fontes clásicas do coñecemento histórico e de toda unha recompilación de recursos multimedia e de ferramentas TICs.
Con motivo da conmemoración do 2016 como Ano Cstelao declarado pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Deputación de Pontevedra distribuirá os exemplares desta edición por todos os centros educativos galegos.


Data: 29/02/2016 16:30 - 29/02/2016 18:00