Presentación libros Carlos Meixide

O escritor e humorista Carlos Meixide, coñecido por ser membro do dúo cómico - musical Os da Ría, presentará este venres, 13 maio ás 20.30, presentará na sala Domínguez Búa os seus libros Ons e Inge e Robie, dúas novelas xuvenís que están colleitando moito éxito.
O autor vilagarcián estará acompañado polo libreiro Fernando Miranda.

SINOPSE "ONS": Anabel, Fátima, Roi e Suso comezan como cada mes de xullo as súas vacacións na illa de Ons, pero a primeira mañá o arrepiante descubrimento dun cadáver na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel. Acción, misterio, humor, amor, sexo e o incomparábel marco da illa de Ons, son algúns dos ingredientes desta entretida novela.

SINOPSE "INGE E ROBBIE": Inge e Robbie é unha parella holandesa na trintena que decide combater a crise da súa relación cunha escapada turística a Santiago de Compostela. O resultado, porén, non responderá ás súas expectativas. A novela avanza con elegancia na delgada liña entre o humor e a melancolía. “A partir do fío da viaxe de Inge e Robbie, permítome saltar con relativa alegría no tempo e no espazo, de maneira que a historia principal á que volvemos sempre agocha no seu interior unha chea de suxestivas historias e personaxes singulares”, asegura o autor.


Data: 13/05/2016 20:30 - 13/05/2016 22:30