Proxección Cineclub Bueu: Gett, o divorcio de Viviane Amsalem

O sábado 2 de abril, o Centro Social do Mar acolle a proxección da película Gett, el divorcio de Viviane Amsalem, dos directores israelíes Ronit Elkabetz e Shlomi Elkabetz. Nominada a mellor película de fala non inglesa nos Globos de Ouro e no Satellite Awards,
conta a historia de Viviane Amsalen, separada dende fai anos de Elisha, o seu marido. Esta muller quere conseguir o divorcio para non converterse nunha marxinada social, pero en Israel non existe aínda o matrimonio civil; segundo as leis relixiosas, tan só o marido pode conceder o divorcio. No entanto, Elisha, négase a facelo. Viviane terá que loitar ante o Tribunal Rabínico para conseguir este dereito. Así verase inmersa nun proceso de varios anos no que a traxedia competirá co obsurdo e absolutamente todo se porá se porá en entredito.

Coma todos os primeiro sábados de cada mes, o Cineclub Bueu organiza dúas sesións: unha ás 19.30 horas en castelán, e a segunda ás 22 horas en versión orixinal subtitulada. A cota da sesión é de 2 euros para socios e de 3,50 para os non socios do Cineclub.


Data: 2/04/2016 19:30 - 2/04/2016 23:30