Recital poético Día de Rosalía de Castro

Este mércores, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro, que conmemora os 179 anos que fai do nacemento da poeta.
Desde a Concellaría de Normalización Lingüística de Bueu, dirixida por Silvia Carballo, organizan para esta data un recital poético que terá lugar o mércores 24 a partir das 20 horas na sala Amalia Domínguez Búa. O recital será aberto para todos os que desexen participar e ler poemas rosalianos.


Data: 24/02/2016 20:00 - 24/02/2016 22:00