Showcooking 'Degusta Europa' na Praza de Abastos de Bueu: 12 maio ás 11.30 horas

O xoves 12 de maio, o programa Degusta Europa, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para promover a gastronomía europea, desembarca na Praza de Abastos de Bueu coa organización dun showcooking a cargo do alumnado do CIFP Manuel Antonio a partir das 11 horas.

A peculiaridade desta actividade é que se elaborarán pratos típicos de diferentes países europeos botando man da materia prima dos nosos mercados e dos produtos autóctonos e da nosa terra.
Esta actividade organízase no marco da conmemoración do 9 de maio como Día de Europa, polo que estas degustacións terán lugar en varios concellos da provincial. En concreto, o profesorado e alumnado do Carlos Oroza encargarase das degustacións nos concellos de Caldas de Reis (3 de maio), Pontevedra (6 de maio) e Cambados (10 de maio) e os profesores e profesoras e estudantes do Manuel Antonio nos concellos de A Guarda (11 de maio), Bueu (12 de maio) e Vigo (13 de maio).


Data: 12/05/2016 11:00 - 12/05/2016 13:00