VI TORNEO FÚTBOL 7 DE BELUSO

A fin de semana do 17 ao 19 de xuño, a Asociación Cultural Deportiva Beluso organiza o VI Torneo Fútbol 7. As inscricións custan 125 euros, e poderán realizarse antes do 15 de xuño no Campo de Laxes os luns, mércores e xoves de 20 a 21.30 horas ou no número de conta ES73 0133 4730 7742 0000 2769 indicando como concepto o nome do equipo.
O mínimo de equipos é de 30 e o máximo de 40.
Os premios constan de 1000 euros máis trofeo para o campión, 500 euros e trofeo para o segundo clasificado, 250 euros máis trofeo para o terceiro clasificado, e 125 euros máis trofeo para o cuarto clasificado. Ademais o 16 terá lugar ás 21 horas un sorteo no Campo de Laxes.


Data: 17/06/2016 00:00 - 19/06/2016 22:00