Xente miúda, moita fartura

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia organiza o domingo 20 de marzo, ás 18 horas, unha nova actividade de dinamización lingüística no Centro Social do Mar. Trátase da presentación do novo traballo discográfico de Pablo Díaz, "Xente miúda, moita fartura".
Este novo traballo fala das cousas máis próximas á vida dos pequenos e pequenas, como os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario. Os músicos deste traballo son: Carmen Rey, Tito Calviño, Olga Kirk, Xabier Díaz e Pablo Díaz.
Despois de Tic Tac (2010) e de Toc Toc (Premio ao mellor disco infantil de 2014), este é o terceiro traballo de Pablo Díaz para nenas e nenos.


Data: 20/03/2016 06:00 - 20/03/2016 19:00