XVIII Encontro Degustación do Millo Corvo

Do 1 ao 3 de abril, a Asociación Cultural de Meiro organiza o XVIII Encontro- Degustación do Millo Corvo, festa declarada de interese turístico de Galicia, e que contará cunha ampla e variada programación.

O venres a partir das 18 horas celebrarase nos Muíños do Canudo a tradicional Muiñada, con queimada a partir das 22 horas. O sábado, ás 11.30 horas abrirase a Ecotaberna, que ofertará produtos naturais, aínda que a esa mesma hora tamén sairá un roteiro guiado por Carlos Sánchez, quen nos falará de “Plantas silvestres”.

Ás 12.30 terá lugar o obradoiro de elaboración de hamburguesas vexetais, a cargo de Aurora Calviño Costas, e ás 14 horas, o grupo tradicional Os Ghalos do Curral amenizarán a xornada coa súa música.

Ás 17 horas, Damián e Diego Copena, da Delegación da Asociación Galega de Apicultura do Morrazo, charlarán sobre a apicultura e a degustación de meles en Galicia.

Ás 18 horas será a quenda da presentación e degustación de produtos Monte Cabalar.  Fuco Barreiro, da Cooperativa Monte Cabalar, será o encargada de impartir dita charla, ademais de dar paso ás 19 horas a un obradoiro demostrativo sobre a elaboración do queixo. Esta actividade constará dunha charla titulada “Leite cru, un xeito tradicional de elaboración, un novo camiño”, e dunha degustación de queixos dirixida por Ana I. Vence, da Cooperativa Campo Capela.

A xornada do sábado remata cunha cata de cervexas artesás de parte da empresa Faxilda, e cunha actuación do grupo de folk Quempallou.

O domingo, 3 de abril, continúa a programación, onde destaca a charla das 12 horas de “Maiz, Millo Corvo, variedad Meiro y sus subproductos. Fuente natural de componentes beneficiosos para la salud”, que impartirá Gracia Patricia Blanch, doutora, en Ciencias Químicas e investigadora do ICTAN. Ás 14 horas actuará o grupo de pandereteiras Axouxeiras, e ás 17 horas terá lugar o encontro Slow Foof Convivium Galicia “Xantar de Vagar” e rematarase ás 19 horas coa actuación da agrupación folk “Habelas hailas”.


Data: 1/04/2016 18:00 - 3/04/2016 22:00