Desfile do Paxaro de Mal Agoiro

O domingo 21 de febreiro ás 18 horas, o Concello de Bueu celebra o Desfile do Paxaro de Mal Agoiro, que foi aprazado con motivo do mal tempo de días pasados.
Para a organización, é importante que todas as persoas e agrupacións incritas recollan unha credencial cun número para que o xurado poida identificalas con facilidade no transcurso do desfile.

Dita credencial poderá recollerse na sala Domínguez Búa a partir das 16.30 horas do domingo.


Date: 21/02/2016 18:00 - 21/02/2016 22:00