Presentación documental 'FÓRA DO CONTINENTE'

O Museo Massó acolle o venres 22 de xaneiro, a partir das 20.30 horas a presentación do documental Fóra do continente, de Nico Martínez Millán. Cunha duración de 25 minutos, esta curta documental trata sobre a illa de Ons, e preséntase coma un alegato que fan as protagonistas dunha illa case deserta.
SINOPSE: Desafían a lóxica temporal. Na era das (tele)comunicacións e das sociedades 2.0, dous matrimonios viven durante todo o ano nuha illa da que non se queren separar. Afastados das grandes cadeas de supermercados, da sanidade e da educación, Cesario, Victoria, Emilio e Chefa resístense a abandonar a illa de Ons, a que consideran a súa casa e onde dispoñen de todo o necesario para vivir.
 


Date: 22/01/2016 20:30 - 22/01/2016 22:30