Barrio da Moureira - PONTEVEDRA

Este barrio atópase situado á beira do río Lérez. O nome procede de salmoira, empregada na salgadura da sardiña.
Está constituída por tortuosas ruelas que esconden moitas e fermosísimas casas de patín, antigas residencias de pescadores, que alternan con outras modalidades de casas mariñeiras como as casas terreñas e casas con sobrado ou entre medianeiras. Aínda conserva as típicas casas rematadas en forma de mitra, que no s. XV recibían o nome de Casas de Outón.