O sábado 20 de febreiro, ás 20 horas, o Cineclub de Bueu organiza a proxección documental Frankenstein 04155, que contará coa presenza do seu director Aitor Rei.
SINOPSE: O 24 de xullo do 2013 o tren Alvia 04155 descarrilaba na entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha única causa… Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?