Xardíns de Vicenti - PONTEVEDRA
Valoración: 4

Trátase dun conxunto con tres áreas ben diferenciadas, coa Alameda separada das outras dúas (o xardín de Eduardo Vicenti e o paseo das Palmeiras) polo paseo peonil de Montero Ríos e os edificios do Instituto Valle Inclán, a Deputación e a Delegación de Educación. 

O conxunto conforma o típico espacio urbano nacido a principios do século XX, cando se derrubaron os muros da cidade e prodúcese unha expansión urbana fóra daqueles límites. No que era a horta do Convento de San Domingos foron construíndose a avenida e a Alameda, que chegaba ate as primeiras casas das vellas Moureiras e o Cuartel de San Fernando, hoxe facultade de Belas Artes.

No espacioso paseo de Montero Ríos atoparemos algúns edificios interesantes como o Palacio da Deputación, o Instituto Valle-Inclán e a Delegación de Educación e xa na contigua Praza de España, a Delegación do Goberno, a Casa do Concello e os Xardíns do Doutor Marescot. 

A Alameda leva oficialmente o nome do arquitecto Sesmeros. No extremo situado fronte o concello poderemos ver o monumento os Heroes de Ponte Sampaio construído en 1911 para lembrar a victoria obtida nesta localidade sobre as topas napoleónicas en 1808. O resto conserva o chan térreo con amplas avenidas delimitadas por filas de ameneiros, plataneiros e carballos. 

Entre o instituto e a deputación atopamos os xardíns de Colón con unha fermosa roseira es as emblemáticas camelias. 

Un espléndido paseo de palmeiras e magnolias lévanos os Xardíns Vicenti . Un lugar precioso onde especies arbóreas de gran presencia como os cedros de Líbano, acivros e teixos, xunto con pequenos xardíns, compoñen preciosos recunchos para sentarse, ler ou gozar da paisaxe. Completan os xardíns unha zona de xogos infantís, varias paxareiras e estanques de aves.


Fuente: visit-pontevedra.com

Características de Plazas e xardíns

  • Centrica Si
  • Peonil Si