Cantos da Taberna chega a súa quinta edición con máis grupos, e máis grupos de Pontevedra. O próximo venres, 26 de febreiro, comezan e a cita repetirase o último venres de cada mes até xuño.
“O obxectivo é que prenda o hábito de cantar” subliña a concelleira de Festas, Carme da Silva quen anima a todos a participar xa que “non hai que cantar ben senón querer cantar”. Cada noite daráselle un agasallo ao participante máis entusiasta.
O grupo Maravallada e o Concello promoven os Cantos de Taberna, que serán en horario de 21.00 a 24.00 horas.
Programa, grupos e locais: