Proxección 'Viaxe a Sils Maria' no Cineclub

O Cineclub de Bueu estrea o ano 2016 coa proxección da película Viaxe a Sils Maria de Olivier Assayas. A película pasarase en dobre sesión, en versión dobrada ao castelán ás 19:00, e orixinal subtitulada ás 22:00 este sábado, 9 de xaneiro, no Centro Social do Mar. O custe de entrada será de 2 euros para socios e de 3,50 para os non socios.

SINOPSE: Durante a súa visita a Sils Maria en Suíza, Maria Ender (Juliette Binoche, O paciente inglés), unha veterana actriz de mediana idade, bota a mirada atrás para analizar a súa vida. Lembra con emoción os seus anos de éxito, sinceramente anhela esa época na que todo o mundo a quería e a recoñecía, pero ese tempo xa pasou, agora é unha actriz a piques de se retirar. A envexa apoderarase dela cando coñeza a Jo-Ann (Chloë Grace Moretz, A invención de Hugo), unha nova promesa que interpretará o papel que no pasado lle lanzou á fama. 


Data: 9/01/2016 19:00 - 9/01/2016 21:00