Casa da Auga - ARBO

Antiga casa reitoral do século XVIII con solaina e patio interior, convertida en museo etnográfi co sobre os usos da auga na parroquia de Vide. Paneis con documentos históricos sobre a Comunidade de Regantes Vidense e sobre outros usos da auga como levadas, muíños, fontes, lavadoiros, pozas e furnas. Maquetas do funcionamento dun muíño de gran e doutro de serra, mapa e denominación das pesqueiras do Miño na zona da Paneliña. Visualización dun vídeo sobre lugares de interese na parroquia. Posibilidade de organizar unha aula didáctica sobre as pesqueiras do Miño, con material documental e visita guiada ás mesmas.