Casa de Anguiano ou da Fraga (Pazo) - A LAMA

Pazo de pequenas dimensións, planta en U con dúas plantas, torre e unha garita nunha esquina. Patio rectangular pechado por unha porta con copete que mostra un escudo ben labrado. Esta casa tivo dereito de asilo.