Castelo de Sobroso - MONDARIZ

Construción orixinaria do século XII, sitúase nun promontorio rochoso, na aba do Monte Landín dominando un amplo panorama a 334 metros sobre o nivel do mar. Trátase dunha antiga fortaleza medieval da que xa se teñen noticias no ano 1117. O Castelo está composto por tres elementos arquitectónicos que o definen: cerca exterior, corpo residencial e torre da Homenaxe. O muro exterior de 140 metros posúe os seus lenzos máis antigos no lado norte, correspondente ao século XV. A Torre da Homenaxe sitúase no único sitio onde o castelo é dominado por maiores alturas, é de planta cuadrangular e presenta unha altura que rolda os 13 metros. Por último, o corpo residencial estaba destinado a albergar o corpo de garda. Os seus grosos muros cunha forma moi irregular adáptanse á orografía do terreo. No interior destaca o nobre aspecto da sala dos Señores situada no piso central cunhas excelentes vistas ao occidente. O piso alto presenta ventanais engargolados ao exterior e apoios ao interior que denotan a súa utilización como zona residencial. Presiden a porta de honra de acceso ao Castelo os emblemas dos Sarmiento así como dos Valladares emparentados con eles. Foi a partir do século XVIII cando a Fortaleza empezou a sufrir unha deterioración progresiva como consecuencia do estado de abandono na que quedou sumida. En 1923 foi adquirida por Afasto Carreira Muñoz, principal artífice da súa reconstrución e revitalización, para ser finalmente adquirida polo Concello de Puenteareas (en 1981) que exerce como o seu actual propietario.