Feira Atlántica de artesania e deseño "A Chalana" 2016 en Pontevedra

Coas festas do verán de Pontevedra tamén chega a Feira de artesanía e deseño “Chalana” que volverá a instalarse no Paseo Odriozola do 15 de xullo ao 7 de setembro. Segundo explicaron os seus organizadores, Chalana xa se convertiu nunha cita de referencia do sector no verán.

Estarán 16 artesáns, dos cales cinco serán novas incorporacións á Feira.

A inauguración será este vernes, 15 de xullo, ás 12.30 horas. E dende ese momento os horarios de apertura serán de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas.


Data: 15/07/2016 00:00 - 7/09/2016 00:00