Festival del Orgullo (Festival FLOP)

O Parque dos Gafos estréase co Festival do Orgullo como espazo para celebración de eventos

Tolerancia, amor libre, paz e goce. Con estes elementos chegaunha nova edición do Festival FLOP (Free Live Orgullo Pontevedra), a festa do Orgullo que se celebrará estesábado 9 desde as 12.00 ata as 00.00 horas no Parque dos Gafos, nas proximidades ao antigo muíño.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, acompañada polo artista Jose Malaguita, presentaba esta evento que se celebra por primeira vez no Parque dos Gafos, un espazo que se quere empregar tamén como escenario para outros eventos.

Baixo o lema de son, natureza e liberdade, os organizadores teñen a intención de que a festa sirva para coñecer os inicios da cultura do club, a música electrónica e disco que xurdiu a través da cultura gai norteamericana. Jose Malaguita destacou a presenza de diferentes artistas durante esta xornada co lisboeta Tiago, Álvaro Cabana, Lanoche Live!, Grobas, Certain People, Breixo, You_O, Tales of the System, Moreno Moreno e Samantha Calvario. A carpa Open Air acollerá 12 horas de son electrónico.

Como indicou Carme da Silva esta festa será como unha "romaría" xa que  haberá comida e bebida a través de El Mono con Sombrero durante toda a xornada. A festa continuará a partir das 00.30 horas na Sala Karma.

mais información


Data: 9/07/2016 00:00 - 9/07/2016 23:55