Servicio de visitas guiadas 2016 - Pontevedra

Do 1 de xullo ata o 15 de setembro os turistas que visiten Pontevedra poderán dispoñer dun servizo de visitas guiadas acompañados por un Guía Oficial de Turismo de Pontevedra.

As visitas son diarias e o grupo deberá estar formado por un mínimo de 10 persoas. Tickets e saída no punto de información da Praza de España.


Visitas Guiadas Verán 2016

Ata o 15 de setembro os visitantes individuais que visiten Pontevedra pódense incorporar a unha visita guiada de grupo efectuada por un guía oficial de Turismo de Pontevedra.

Nas visitas que se programaron para estes días de maior afluencia de turistas ilústranse os lugares de maior interes cultural e monumental da cidade seguindo un percorrido representativo a través daqueles lugares máis representativos do casco antigo da cidade do Lérez.

Percorrido

As visitas teñen unha duración estimada de 1 hora e 45 minutos.

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de aspectos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra e destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade, todo iso salpicado de lendas e anécdotas tan habituais na nosa cultura.

É de destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais momumentos da cidade, como o Santuario da Peregrina, a Igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

Visitas de grupos

As visitas teñen unha duración estimada de 1 hora e 45 minutos e o grupo que queira facer a visita deberá reservar previamente na Casa da Luz no teléfono 986 090 890.

Durante todo o ano os grupos que desexen realizar visitas guiadas deberán reservar na Casa da Luz no teléfono: 986 090 890.
A visita pode realizarse en castelán, inglés, francés e portugués.
Tarifas especiais para grupos todo o ano:

    Ata 15 persoas:    90 €.
    De 16 a 30 persoas: 115 €
    De 31 a 60 persoas: 140 €

* As visitas guiadas en idioma estranxeiro (inglés/francés/portugués) incrementarán o importe da tarifa un 10%.
* As visitas guiadas bilingües incrementarán o importe da tarifa nun 30%.


Data: 1/07/2016 00:00 - 15/09/2016 00:00